O Plan E

Benvidos a esta nova páxina web.España enfróntase a unha grave crise económica. Unha crise económica que ten extensión mundial e que por riba diso aconteceu a grande velocidade. A consecuencia máis grave desta crise é a perda de postos de traballo, o desemprego.

Hai un ano, alcanzamos a taxa de paro máis baixa da historia. E neste último período temos sufrido un forte deterioro do emprego. Quero que todos os cidadáns saiban que o obxectivo fundamental do Goberno é loitar contra o desemprego e volver á senda de recuperación de postos de traballo.

Ademais, queremos que a economía española, que é a oitava potencia económica do mundo, saia fortalecida desta crise. Nisto consiste o Plano Español de estímulo da Economía e do Emprego, que dende hoxe chamaremos Plano E.

Este Plano inclúe medidas que xa están en marcha, e medidas que o Goberno irá adoptando nos próximos meses. É un plano que integra medidas de apoio ás Pequenas e Medianas Empresas para que podan manter a súa actividade e o emprego.

É un Plano que contempla un forte investimento público para mellorar as nosas rúas, os nosos pobos, as nosas cidades, para que sexamos máis fortes no noso capital produtivo e creemos emprego.

É un plano que integra medidas de apoio aos bancos e ás caixas, para garantir os depósitos dos cidadáns e para que os bancos podan emprestar diñeiro ás familias e ás empresas.

E é un plano que inclúe medidas de reformas para modernizar a nosa economía. Pero quero subliñar que tamén neste período, seguiremos incrementando as políticas sociais como gran compromiso do Goberno.

Seguiremos aumentando os recursos para a dependencia, aumentando os recursos para o acceso á vivenda, incrementar o apoio e as axudas ás familias, asegurar a suba das pensións máis baixas e a suba do Salario Mínimo Interprofesional, e garantir a protección por desemprego no marco do diálogo social.

Nesta páxina pode atopar toda a información sobre as medidas e a aplicación das mesmas para loitar contra a crise económica. O Goberno vai poñer toda a súa enerxía para vencer esta situación, para recuperar a economía do noso país e volver a xerar emprego.

Quero pedir dende aquí a colaboración de todos. Todos teremos que facer esforzos e sacrificios. Quero agradecer a actitude dos traballadores, dos sindicatos e dos empresarios na súa vontade de contribuír con responsabilidade dende o diálogo social.

Quero agradecer a colaboración de todos os cidadáns. Teño plena confianza no noso país, e sei que sairemos fortalecidos desta grave crise económica.

Pido a colaboración de todos e agradézolles a todos dende aquí a súa actitude.

Moitas grazas.

O Presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, presenta o Plan E, o Plan Español para o Estímulo da Economía e do Emprego. Esta iniciativa engloba tódalas medidas de política económica previstas polo Goberno de España para paliar os efectos da crise nas familias e nas empresas e para recuperar a senda do crecemento e da creación de emprego na economía española.